Benvido á Sede Electrónica de muface

A Sede Electrónica está destinada a facilitar o acceso por medios electrónicos aos procedementos administrativos, a calquera hora e todos os días do ano, de forma cómoda e segura.

  • Home >
  • Requisitos técnicos

Requisitos técnicos

Dependendo do trámite que vostede vaia a realizar, necesitará utilizar firma electrónica, ou non, para a súa solicitude.

Consulte a listaxe de servizos electrónicos para coñecer en que trámites se lle solicitará a firma.

Trámites que non requiran firma electrónica

Nos trámites que non requiran firma electrónica, vostede só necesitará ter un navegador.

Se está a ler correctamente esta páxina non debería ter problemas para realizar os trámites que non requiran firma electrónica.

Tamén é recomendable que teña instalado un lector de documentos PDF, xa que os documentos proporcionados por esta sede (certificados, xustificantes, axudas...) utilizan ese formato.

Trámites que requiran firma electrónica

Para poder asinar os trámites que así o requiran é necesario que estea en posesión dun certificado electrónico admitido.

Esta sede utiliza para asinar o cliente @asina, desenvolvido polo Ministerio de Facenda e Función Pública. O cliente @asina é unha ferramenta de firma electrónica que funciona en forma de Applet de Java integrado nunha páxina web mediante Javascript.

Consulte as recomendacións técnicaspdf para solicitar os trámites que requiren firma electrónica.

Os servizos que requiren firma están indicados co símbolo seguinte:

 asina Servizos electrónicos que requiren firma electrónica.